Protección e conservación da natureza e a biodiversidade

Provisión de recursos e servizos ambientais

Mellora do benestar social e a saúde

Desenvolvemento dunha economía verde e sostible

INFRAESTRUTURA VERDE DA ÁREA DA CORUÑA

A área da Coruña reúne as condicións idóneas por abarcar unha gran variedade de hábitats (litorais, fluviais, urbanos, bosques), espazos naturais protexidos, patrimonio cultural (Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade, BICs) que conviven cunha elevada densidade de poboación e un notable desenvolvemento económico, ao que hai que engadir algunhas experiencias previas, como a da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A Infraestrutura Verde da área da Coruña será unha proposta de ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental, na que se definirá unha rede de zonas naturais e seminaturais que servirán para protexer a biodiversidade e proporcionar e potenciar os servizos ecosistémicos (purificación de auga e aire, fixación de CO2, fertilidade do solo, paisaxe, etc).

Nesta área identificaranse unha serie de actuacións para mellorar os espazos ambientalmente estratéxicos e os corredores ecolóxicos, combinando a conservación da natureza co desenvolvemento económico sostible e o uso social (creación de bosques en ámbitos degradados, eliminación de barreiras e infraestruturas grises, planificación de zonas de inundación, melloras na xestión de auga, etc).

//EN CIFRAS//

concellos

habitantes

corredores ecolóxicos

ha abarcadas

ha espazos protexidos

espazos singulares

ha hábitats naturais

áreas nucleares

//6 HITOS//

BIODIVERSIDADE

ECONOMÍA VERDE

AGRICULTURA ECOLÓXICA

SAÚDE E BENESTAR

LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

ENERXÍAS RENOVABLES

//EVENTOS PARTICIPACIÓN//

porque as túas ideas, propostas, opinións son importantes

Arestora non hai próximos eventos.

//NOVAS//

ESTÁS INTERESADO NESTE PROXECTO?

Recibe todas as novas sobre o proceso participativo e
sobre os traballos e actividades que se realizan.