Delimitación do ámbito da Infraestrutura Verde

O ámbito delimitado para o desenvolvemento da Infraestrutura Verde da área da Coruña queda delimitado ao nordeste polo Océano Atlántico (costa do Golfo Ártabro e do Arco Bergantiñán), e ao sudeste polas serras máis altas deste territorio, entre as cales destacan a Serra de Montemaior, os Montes da Tieira, o Cordal de Montouto e a Serra da Loba. Este sistema montañoso determina a conca hidrográfica que desemboca no Golfo Ártabro, formada por ríos Mandeo, Mero, Eume, Anllóns, etc.

Os concellos que configuran esta área son 31, algúns totalmente e outros dun xeito parcial: Abegondo, Aranga, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambre, A Capela, Carballo, Carral, Cerceda, Coirós, Curtis, A Coruña, Culleredo, Fene, Irixoa, A Laracha, Mesía, Miño, Monfero, Mugardos, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Sada e Vilarmaior.

Estamos ante unha área que, sumando a superficie destes 31 concellos, alcanza 140.000 hectáreas, cunha poboación aproximada de 465.000 habitantes, e unha densidade media de 320 hab/Km2.