Anatomía dunha infraestrutura verde

A infraestrutura verde está composta por unha rede interconectada de diferentes elementos ambientais que inclúen: todo tipo de zonas verdes, parques, xardíns, vexetación silvícola e riparia, arborado urbano, tellados verdes, xardinería vertical, espazos naturais, … que forman parte e potencian os procesos ecolóxicos e xeran múltiples beneficios. Esta complexa rede natural organízase en Núcleos e Corredores.

Os núcleos son os elementos centrais que fixan a rede da infraestrutura verde, zonas de alto valor en termos de biodiversidade (diversidade de especies vexetais e animais), que constitúen o orixe e destino nos movemento a través da rede da vida silvestre e os procesos ecolóxicos. Están formados xeralmente por espazos integrados dentro da Rede Natura 2000, bosques naturais (Fragas do Eume), ríos e bosques de ribeira (río Anllóns), rías e marismas (ría de Betanzos-Mandeo), ou tramos de costa (Costa Ártabra). Tamén algunhas terras agrícolas, forestais ou zonas verdes, poden constituír núcleos, sempre que proporcionen beneficios como a biodiversidade, o ocio, mitiguen as inundacións ou purifiquen a auga. Aquelas terras que só proporcionan a extracción de recursos ou as zonas verdes de baixo valor ambiental non poderían formar parte dunha infraestrutura verde.

Os corredores forman os enlaces que conectan os centros de maior valor ambiental (núcleos), e que produce que a rede da infraestrutura verde funcione. Estas conexións funcionan como condutos biolóxicos para a vida silvestre e ademais poden proporcionar oportunidades para o ocio ou incluso para conservar o patrimonio. Os ríos e regatos, os espazos silvestres ou pouco transformados, as zonas verdes conectadas por rúas arboradas e xardíns, poden integrarse como corredores dentro da infraestrutura verde.

Os corredores forman os enlaces que conectan os centros de maior valor ambiental (núcleos), e que produce que a rede da infraestrutura verde funcione. Estas conexións funcionan como condutos biolóxicos para a vida silvestre e ademais poden proporcionar oportunidades para o ocio ou incluso para conservar o patrimonio. Os ríos e regatos, os espazos silvestres ou pouco transformados, as zonas verdes conectadas por rúas arboradas e xardíns, poden integrarse como corredores dentro da infraestrutura verde. Existen outros elementos ambientais, que sen formar parte da rede de núcleos e corredores, poden favorecer unha infraestrutura verde, pola mellora ambiental que supoñen ou o incremento da biodiversidade que producen. Os sistemas de xestión da auga sostibles con zonas de infiltración na cidade ou nos xardíns das casas, as cubertas verdes, ou os espazos silvestres ou zonas verdes de alto valor ambiental, poderían aínda sen estar conectadas mediante corredores beneficiar aos mesmos.