Beneficios

Os ecosistemas sans e a biodiversidade que os habita, xeran beneficios ambientais e sociais, de gran valor e importancia económica.

Minimizar os efectos do cambio climático
A infraestrutura verde mitiga as inundacións e as augas de tormentas, actúa como regulador térmico, reduce a erosión do solo, prevén incendios forestais, mellora a calidade das augas e calidade do aire, e na escala global fixa carbono e gases de efecto invernadoiro entre outros.

Rexenerar territorios
A limpeza do aire, filtrado do auga, captura de contaminantes ou rexeneración de solos, mediante bosques, zonas húmidas e outros sistemas naturais e mellorar a calidade da paisaxe

Conservar a biodiversidade e a vida salvaxe
Proporciona e protexe hábitats que fomentan a diversidade de especies e dos ecosistemas.

Beneficios sociais
Xera espazos para o recreo e recursos de ocio (praias, ríos, zonas verdes e rutas de sendeirismo), fomenta as relacións sociais, a inclusión e a cohesión (asociacións e colectivos de
ciclismo, sendeirismo, pescadores, …), ou promove uso comunitario dos terreos (hortas urbanas ou zonas verdes).

Crecemento económico, investimentos e provisións
Proporciona recursos e provisión para a sociedade, como: a auga, a pesca, o marisqueo, produtos da horta, carne, leite, madeira ou mel. Ademais, revaloriza as propiedades e xera empregos relacionados co ocio ou co mantemento da infraestrutura verde.

Saúde pública e benestar
Dispoñer dun medio ambiente ben conservado e protexido, axuda e mellora o benestar social e a calidade de vida. Dispoñer dunha infraestrutura verde mellora a saúde física, a fatiga mental, ou o estrés, motivado principalmente pola mellora da calidade ambiental, polo fomento de estilos de vida activos e saudables, pero de forma moi importante polo efecto beneficioso que ten o contacto ca natureza.

Beneficios culturais
A infraestrutura verde pode supoñer unha oportunidade para a conservación do patrimonio e dos usos tradicionais do territorio, ademais é unha fonte de inspiración para o arte, a arquitectura ou a enxeñería.