Cuestionario de participación pública

Se non puideches asistir aos talleres locais de participación, tes á túa disposición, ata o venres 25 de maio, o cuestionario de valoración en formato dixital, onde recollemos as túas opinións con respecto ao estado ambiental do territorio e os servizos ecosistémicos que este ofrece.

 

 

Identificación de elementos da infraestrutura verde

Ademais, se queres propoñer zonas do teu entorno que consideras que deberían formar parte da Infraestrutura Verde da área da Coruña, como espazos de valor natural, cultural ou social, camiños tradicionais, sendas e corredores que os unen, ou zonas que se deberían de mellorar para ordenar o territorio desde un punto de vista ambiental, podes descargar o mapa do teu concello e o cuestionario de elementos, e mediante rotuladores (verde, laranxa, azul e negro) rexistrar e situar estas zonas. Posteriormente, envíanos os documentos escaneados ao correo info@infraestruturaverdecoruna.gal e incorporaremos a información á recollida nos talleres de participación local. 

A data límite para enviar ideas e propostas é o 25 de maio.