Elementos da infraestrutura verde

 

Son moitos e variados os elementos que poden integrar unha infraestrutura verde. Entre os máis comúns podemos atopar

 

  • Zonas protexidas, como as que conforman a Rede Natura 2000.
  • Ecosistemas sans e zonas de alto valor ecolóxico, como chairas aluviais, zonas húmidas, costas, pradarías, bosques naturais, etc.
  • Elementos naturais de alto valor paisaxístico, como pequenos cursos de auga, redutos de bosque ou sebes que poden actuar como corredores verdes.
  • Zonas nas que se leven a cabo actuacións para mellorar a calidade ecolóxica e a permeabilidade da paisaxe.
  • Elementos urbanos, como parques, rúas arboradas e cubertas verdes, que alberguen biodiversidade e faciliten a conexión entre zonas urbanas, periurbanas e rurais, mellorando o funcionamento dos ecosistemas e os beneficios que proporcionan.
  • Elementos que favorezan a adaptación e a mitigación do cambio climático, como marismas, bosques de chairas aluviais e lagoas (para a prevención de inundacións, o almacenamento de auga e a absorción de CO2).
  • Partes de hábitats recuperados ou restaurados, ben para aumentar a extensión dunha zona protexida, ben para incrementar os lugares de alimentación, reprodución ou refuxio de determinadas especies ou ben para favorecer a súa migración ou dispersión.
  • Elementos artificiais, tipo ecoductos ou pontes verdes, deseñados para favorecer a mobilidade das especies a través de barreiras, como autopistas ou áreas asfaltadas.
  • Áreas multifuncionais, onde se promovan usos do chan respectuosos co medio ambiente; podería tratarse por exemplo de espazos nos que coexisten usos agrarios, forestais, recreativos e de conservación da natureza.