O proceso de participación

Diferente normativa existente a nivel internacional e nacional (Convenio Aarhus, Estratexia da UE sobre a biodiversidade 2020 ou o Convenio Europeo da Paisaxe ), fomentan e promoven os procesos de participación pública na toma de decisións, considerando a gobernanza como un elemento indispensable e fundamental para recoller información de calidade do territorio e implicar á poboación local na protección, xestión e planificación do medio no que viven.

Unha iniciativa de ordenación territorial e de mellora ambiental como a estratexia de Infraestrutura Verde da Área da Coruña, necesita dun importante proceso participativo e de divulgación que garanta a recollida de información detallada a nivel local e facilite a implicación da cidadanía no deseño do futuro do seu entorno natural.

Para elo, desenvólvense unha serie de actividades e ferramentas que facilitan a comunicación e recollida de ideas, propostas, opinións… existentes dende a poboación interesada.

  • Actividades de divulgación e participación
    • Formulario de interese no proxecto: Se queres recibir información puntual do día a día do proxecto e dos traballos e actividades que se realizan, podes poñerte en contacto con nos a través do formulario de contacto.
    • Talleres de participación local / Calendario: Reunións que se realizan polos diferentes concellos do ámbito do proxecto, abertos a todas aquelas persoas ou entidades interesadas, co fin de coñecer en detalle o estado ambiental do territorio e as ideas e propostas da poboación.
    • Cuestionario de participación pública: Se non podes asistir aos talleres de participación, tes á túa disposición o cuestionario de valoración en formato dixital onde recollemos as túas opinións. Para iso, só tes que premer no seguinte enlace: Cuestionario
    • Mesas de traballo sectoriais (Reunións específicas a axentes de interese)
  • Materiais de divulgación
    • Trípticos divulgativos. Descargar os trípticos
    • Exposición itinerante
    • Documentos divulgativos de outros proxectos
    • Outros documentos que se podan incorporar
  • Máis información
    • Podes mandar toda aquela información ou proposta que consideres de interese a: info@infraestruturaverdecoruna.gal
    • Chamando ao teléfono: 981 669 541

CUESTIONARIO DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA

QUERES RECIBIR INFORMACIÓN DO PROXECTO OU PARTICIPAR NEL?