Por que unha infraestrutura verde?

 

Nas últimas décadas, a construción de redes de transporte, o aumento das zonas urbanas e periurbanas, o abandono das actividades tradicionais de usos do solo, como a agricultura, ou a expansión de plantacións forestais monoespecíficas provocaron unha fragmentación e redución das áreas naturais que servían de refuxio e hábitat dunha serie de especies de fauna e flora de importante valor ambiental. Estas transformacións producen ademais un aumento da contaminación de auga e aire, erosión de solos, aumento de incendios forestais e degradación da paisaxe.

Crear e conservar unha infraestrutura verde e os ecosistemas que a compoñen, impulsados pola diversidade da vida que os habita, proporciona á sociedade unha cantidade de bens e servizos de gran valor e importancia económica, tales como a auga e aire limpos, almacenamento de carbono, polinización, etc. Tamén desempeña un papel fundamental na loita contra o cambio climático protexéndonos das inundación e de outras catástrofes ambientais,